Liñas de actuación

Áreas Estratéxicas


  • Cooperación entre empresas, actuando como facilitadores e estimulando ás empresas para consolidar esta cooperación, vinculándose, mesmo, de forma activa na realización de proxectos conxuntos.

  • Investigación, desenvolvemento e innovación dos produtos e servizos do sector e daqueles que integren o obxecto dos participantes deste cluster.

  • Capacitación dos recursos humanos, como vía principal para a mellora e optimización das capacidades e coñecementos propios relacionados co sector e cos elementos tecnolóxicos que o integrane que integran cada empresa.

  • Impulso á competitividade das empresas participantes, así como contribuír á circulación e creación do coñecemento entre as devanditas empresas, conscientes da grande trascendencia que as enerxías renovables, principalmente a eólica, tiveron e teñen en Galicia e en todos os seus ámbitos: desenvolvemento, fabricación. implantación e finalmente mantemento e operación das instalacións produtivas.

Accións permanentes


Promoción de Consorcios:

Unha das liñas clave para a consolidación e cumprimento dos obxectivos fixados na constitución do cluster é a promoción de consorcios específicos entre empresas e outras entidades que permitan a apertura de novas liñas de negocio, acadar novos ocos de mercado e en definitiva aproveitar todo o potencial das nosas empresas.